Este sitio web usa cookies, puedes ver la política de cookies, aquí -
Política de cookies +

Resultados Internacionáis 2020

AUTONÓMICOS

NACIONÁIS


RESULTADOS: CAMPIONATO PANAMERICANO DE JUDO 2020

Guadalajara (Méx), 19-22/11/2020

DIANA BRENES (78KG)

BRONCE

TOMAS MORALES (81KG)


RESULTADOS: CAMPIONATO DE EUROPA ABSOLUTO 2020 - XORNADA 2

Praga, 21/11/2020


RESULTADOS: CAMPIONATO DE EUROPA ABSOLUTO 2020 - XORNADA 1

Praga, 20/11/2020

Dous bronces e un 5° posto na primeira xornada do torneo.  ALBERTO GAITEIRO, -66kg. vence a Zhukov de ROMANÍA, en primeira rolda, en oitavos de final,  perde con Vieru de  MOLDAVIA, nun combate moi igualado quedando fóra de opción de medallas.  ESTRELLA LÓPEZ, -52kg. BRONCE: vence a Petrovic de SERBIA, en primeira rolda.  En cuartos desfaise da BELGA, Van Snick , parte cruzarse en semifinais coa judoka ITALIANA. Giuffrida, non podendo pasar á final,  Estrela enfrontouse á RUSA Kuziutina na loita polo bronce, nun combate cheo de determinación que caeu ao lado da nosa competidora. FRAN GARRIGÓS -60kg. BRONCE.  Tras librar en primeira rolda,   vence a  Starkel de ESLOVENIA, en segunda rolda. En cuartos de enfronta ao judoka ITALIANO, Pantano ao cal vence meténdose en semifinais, o enfrontamento ten lugar co judoka RUSO Abuladge, con quen perde tras facer a maior parte do combate cunha lesión nunha costela. Xa na disputa polo bronce, o noso guerreiro afronta un combate moi duro cunha forte dor,  que non lle impediu lograr o bronce fronte a Lesiuk de UKRANIA . LAURA MARTÍNEZ, -48kg. 5a. CLASIFICADA. Tras lograr en primeira rolda, vence á PORTUGUESA Brito en oitavos.  En cuartos de final derrota á dura competidora RUSA Dolgova, para plantarse en semis conla FRANCESA, Boukli e non lograr vencer.  Xa na disputa polo bronce Laura non logra en metal fronte á competidora ALEMÁ Menz, e logra unha moi meritoria 5a. PRAZA.




RESULTADOS: COPA KOBAYASHI

Coimbra (POR), 26/09/2020

Boa actuación tamén de José Aranda, -73kg. e Laura Bajo, -52kg., acadando ambos o 5º posto tras ser derrotados na disputa polo bronce.

FOTOGRAFÍAS



RESULTADOS: COPA DE EUROPA CADETE DE FUENGIROLA

NOELIA INSUA PRATA (-70KG)

Só perdeu coa checa Zarybnicka. Noelia venceu sucesivamente a sueca Novais, a alemá Scheerat, á italiana Ceci en cuartos de final e xa en semis derrotou á portuguesa Pina.



FOTOGRAFIAS


RESULTADOS: DAVID GARCÍA TORNÉ BRONCE EUROPEAN OPEN SOFÍA (BULGARIA)

01/02/2020

David García Torne (-66kg) acada o bronce no European Open de Sofía, Bulgaria. O combate que lle deu a terceira praza realizouno co competidor Ruso Ardanov ao que venceu por ippon de forma brilante. Previamente derrotara ao judoka romanés Zhukov, e o pase ao bronce realizouno co búlgaro Temelkov. A única derrota foi fronte ao ruso Khametov.


 

IR ARRIBA