Infórmase do SEGURO MÉDICO DEPORTIVO e do protocolo médico para a nova tempada 2021/2022:
COMPAÑÍA ASEGURADORA PARA DEPORTISTAS NADOS NO ANO 2005 OU ANTERIORES E NADOS NO ANO 2016 OU SEGUINTES: ALLIANZ
A asistencia médica garantida na póliza para os deportistas da Federación Galega de Judo nados nestes tramos de idade, será prestada polo Centro Médico ou facultativo concertado por ALLIANZ e só para traumatismos producidos durante a práctica de Judo ou deportes asociados por causa violenta, externa, súbita e allea á vontade do asegurado, nos termos previstos polo RD 849/1993, de 4 de xuño.
Tamén estarán cubertos por esta póliza todos os deportistas Federados (de todas as idades) en Galicia pertencentes a outras autonomías.
PROTOCOLO:
1. Chamar ao teléfono indicado no parte de accidente para realizar a correspondente comunicación:
2. Informarán a qué centro acudir segundo o tipo de accidente e a súa ubicación e enviarán un SMS ao teléfono facilitado pola persoa que comunica o accidente. En todo momento deberá seguir as instruccións da operarora en relación á tramitación (solicitude de autorizacións para futuras consultas, envío de todos os informes,...).
3. Encher o parte de accidente á maior brevidade posible, que se pode descargar nesta mesma sección da web, firmalo, sellalo por parte do responsable do club e remitilo a datos@fgjudo.com canto antes.
COMUNICADO DE ACCIDENTES ALLIANZ