Xa en cuartos de final, co representante francés, Pedro practicou un judo moi efectivo, levándose o combate cunha facilidade maior da que a priori se podía esperar dada a calidade do judoka galo. Dous Wazari's de Seoi nage foron suficientes para obter o pase ás semifinais.
Na penúltima rolda, Pedro enfrontouse ao representante alemán, ao que xa derrotara en semifinais do mundial 2014 en Málaga. Ambos os judokas coñécense ben, situación que se observou durante os primeiros instantes do combate. Pedró, que preparou a conciencia o seu combate, sorprendeuno cun magnífico Seoi Nage.
A final foi dramática. Pedro comezou dominando claramente o combate, con todo, despois dun Seoi Nage errado, o representante Austriaco conseguiu, nun excelente exercicio de judo chan, inmobilizar ao noso representante. Pedro, nun esforzo titánico conseguiu saír da inmovilización, aínda que inicialmente o arbitro outorgo a vitoria ao adversario. Con todo, esta decisión foi acertadamente revisada polo trio arbitral e corrixida a Yuko. Xusto despois da continuación do combate, Pedro conseguiu equilibrar o marcador cun Seoi Nage moi traballado. A partir deste instante, Pedro aplicou un gran coñecemento táctico levando ao opoñente ao campo que mellor domina, e provocando dúas faltas que ao cabo lle outorgarían o titulo mundial.(Crónica Alberto Castro - Presidente A.D.Judo Ferrolterra).
Comunicamos o falecemento do noso querido compañeiro e amigo, ANTONIO MOLINOS FERNÁNDEZ, veterano judoka pioneiro do Judo en Coruña que comezou a súa andaina no mundo do Judo en 1957 da man de Luís Vilela Caamiño na primeira planta do edificio A Terraza da Coruña onde se abriu a primeira sala de Judo de Galicia que recibiu o nome de JUDO CLUB IMPERIO, os seus restos mortais descansan hoxe no Tanatorio de Servisa - Sala 7 fronte ao Hospital Juan Canalejo onde serán incinerados mañá venres día 18 ás 11 horas., ofrecerase unha misa pola súa alma ás 10´30h.
Desde aquí enviamos un afectuoso abrazo a toda a súa familia á que acompañamos no sentimento con todo o respecto e agarimo dos membros da Xunta Directiva e de todo o Judo Gallego.
Para a ocasión estivo presente ademais dos 120 deportistas das distintas seleccións galegas, do trinta adestradores entre o equipo técnico e os clubs particulares e o pleno da Xunta Directiva e a Comisión Delegada da propia Federación, o Secretario Xeral para o Deporte, D. Jose Ramón Lete Lasa que se achegou até Pontevedra para unirse a esta homenaxe e merecido recoñecemento a María e a Carlos e para felicitar ao Judo Galego pola magnífica tempada que acaba de finalizar na que cultivou os mellores resultados históricos de todos os tempos.
Froito desta tempada de éxitos está tamén a clasificación por primeira vez na historia de 6 judokas galegos para o Campionato de Europa Junior que se celebrará en Austria a próxima semana e que tamén recibiron o recoñecemento e o ánimo do Secretario Xeral, do novo director do CGTD, D. Xullo Ventín, e de todos os seus compañeiros do Judo Galego.
Nesta concentración foi presentada tamén oficialmente a todo o Judo Galego a nova técnico da Federación, Ana Carrascosa Zaragoza, medallista mundial e campioa de europa que finalizou suu carreira deportiva nos xogos olímpicos de Londres e que sen dúbida achega un plus de coñecementos e calidade ao Judo Galego.
A xornada foi intensa para o judo galego xa que ademais dos actos de homenaxe e adestramentos comentados, a federación organizou unha xornada cos técnicos galegos para planificar a nova tempada e a propia reunión da Xunta Directiva e Comisión Delegada.
A nova técnico de Galicia que vén avalada polo seu impresionante palmarés:
Campioa de Europa en 2008 - Subcampioa de Europa 2002 e 2009 - Medalla de bronce no Campionato do Mundo 2009 e 2011 - Campioa de España Absoluta en 2000, 2001, 2002, 2006 e 2007.
Seguirá residindo en Valencia polo que realizará funcións de asesoramento deportivo e colaborará puntualmente nas distintas actividades e concentracións que se realicen tanto en Galicia e España como a nivel internacional a Selección Galega para transmitir os seus coñecementos e experiencias aos judokas galegos, especialmente na categoría feminina.
O acto de entrega das Distincións 2015 estará presidido polo titular do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, nun acto solemne que se celebrará no Auditorio Municipal de Vilalba o vindeiro xoves día 9 de xullo, e que contará coa asistencia dos galardoados, os seus familiares e achegados, e representantes do mundo do deporte galego.
Tras imporse con superioridade no Campionato de España afrontaba este importante reto con gran ilusión de situarse ben no Ranking Mundial e comprobar as súas verdadeiras opcións olímpicas xa que nel participaban varias medallistas mundiais como a cubana Onix Cortés, a alemá Laura Vargas ou a propia Katarzyna Klys á que venceu no 2º combate e tamén participaban novas promesas do judo mundial como a xaponesa Chizuru Arai ou a Alemá Szaundra Diedrich, a súa rival na final.
Este magnífico resultado colócaa entre as primeiras do ranking mundial clasificatorio para Rio e supón unha gran inxección moral antes dos seus próximos retos a finais de mes: Os Xogos Europeos e o Campionato de Europa Absoluto en Baku.
A reunión de mestres neste congreso aproveitouse para a celebración da 19ª Cea de Gala na que se entregaron os agasallos correspondentes aos mellores do 2014 nesta federación autonómica, entregas das que se encargaron Da. Laura Mosquera Escudero, Subdirectora Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, que recibiu, ademáis, o cinto negro de honra; D. Manel Fernández Pérez, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo; os mestres Shu Taira e Lee Yong, 9ºDan de Judo ambos; ademáis do Presidentes e Vicepresidentes da Federación Galega de Judo, D. Mario Muzas Cobo, D. Eduardo Galán Palla e D. Francisco Soria Rodero.
Tamén meritorios son os quintos postos para TECLA CADILLA, do club DO-MAJÓ, en -57Kg e ALBERTO GAITEIRO, do club FINISTERRE en -66Kg, así como o 7º de Álvaro Muzas, do FAMU de Vigo, obtidos na xornada de onte sábado, xa que todos eles puntúan no ranking europeo e permítenlles escalar posicións na carreira por participar en Campionato de Europa e do Mundo da categoría.
A entrega de medallas correu a cargo de: D. Branislav Crnogorac (Membro da Comisión Deportiva da Unión Europea de Judo), D. Marian Hefka e D. Pasquale Chyurlia (Membros da Comisión de Arbitraxe da Unión Europea de Judo), así como os seguintes membros da Federación Galega de Judo: D. Mario Muzas (Presidente), D. Eduardo Galán (Vicepresidente 1º) , D. Juan C. González (Coordinador Xeral) e D. José R. López (Director Deportivo).
Esta Copa de Europa terá continuidade nun campo de adestramento que se vai a celebrar entre os próximos 25 e 27 de maio, onde os deportistas poderán seguir mellorando o seu nivel deportivo.
A entrega de medallas correu a cargo de: D. Branislav Crnogorac (Membro da Comisión Deportiva da Unión Europea de Judo), D. Marian Hefka e D. Pasquale Chyurlia (Membros da Comisión de Arbitraxe da Unión Europea de Judo), así como os seguintes membros da Federación Galega de Judo: D. Mario Muzas (Presidente), D. Eduardo Galán (Vicepresidente 1º) , D. Juan C. González (Coordinador Xeral) e D. José R. López (Director Deportivo).
Esta Copa de Europa terá continuidade nun campo de adestramento que se vai a celebrar entre os próximos 25 e 27 de maio, onde os deportistas poderán seguir mellorando o seu nivel deportivo.
A cita será os próximos días 23 e 24 de maio; 22 países e 11 comunidades autónomas acudirán a este evento de primeira liña coas súas judokas máis prometedores.
Os asistentes poderán gozar de Judo de primeiro nivel e ademais coa expectación que xeran os 21 judokas de Galicia que tomarán parte, coa mirada posta en superar o ouro conseguido na pasada edición por Tecla Cadilla.
Coincidindo coa disputa desta Copa de Europa vaise a celebrar un campo de adestramento entre os próximos 25 e 27 de maio, onde os deportistas poderán seguir mellorando o seu nivel deportivo.
Tomaron parte xovenes judokas entre 3 e 11 anos pertencentes a diferentes colexios e escolas municipais da provincia, e sumaron en torno a 3.000 participantes, divididos en catro turnos e desenvolveron algún dos cinco niveis do programa técnico.
Os asistentes tiveron a oportunidades de fotografiarse con un mosaico con unha das mellores judokas galegas na actualidade, Tecla Cadilla, unha das deportistas destacadas para o sponsor Coca Cola e que nesta edición uniunos nunha fermosa imaxe para o recordo.
Xunto a eles, máis de 200 escolares de cinco colexios de Nigrán: CEIP de Mallón, o CPI de Panxón, o CEIP Humberto Juanes, o CPR Estudo e o CPR Angel de la Guarda, que puideron gozar dunha xornada de iniciación ao judo no pavillón municipal.
A concelleira destacou o formato elixido para a presentación da competición, dirixido a fomentar a práctica deportiva saudable, especialmente entre o colectivo infantil. Así mesmo, subliñou o valor de que un ano máis Nigrán sexa sede desta competición, tanto desde un punto de vista deportivo como económico, "xa que atraerá a Nigrán a máis de 300 deportistas acompañados de familiares e amigos que poderán coñecer os encantos do municipio á vez que fomentar a actividade da hostalaría local".
Antes da presentación oficial do campionato impartiuse unha clase de iniciación ó judo dirixida a escolares de distintos centros educativos dos Concellos de Mos, Porriño e Redondela (un total de 200 nenos e nenas), como xa se dixo. A clase dividiuse en tres grupos e sesións, un por cada colexio participante e foi impartida por 5 Mestres Nacionais de Judo: Luis Rodríguez (Cinturón Branco-Vermello e 7º Dan), Marcial Romero (5º Dan), Mario Muzas Fernández (3º Dan), Aarón Garabatos (3º Dan) e Carlos Garabatos (5º Dan). O obxectivo desta iniciativa era dar a coñecer o judo entre os nenos e nenas de Mos, Porriño e Redondela e introducir a práctica deste deporte nos colexios destes municipios. O judo é o deporte de combate ou arte marcial con maior número de licencias a nivel nacional.
O Campionato Xogajudo celebrarase o vindeiro sábado, día 28 de febreiro, ó longo de todo o día no Pavillón Óscar Pereiro. Trátase dun Campionato Escolar de Primeira Fase, isto é, para nenos e nenas nados entre 2001 e 2004 (Infantil e Alevín), ambos anos incluídos, que está organizado pola Federación Galega de Judo e a Xunta de Galicia coa colaboración dos clubs de judo da provincia de Pontevedra. Esta competición é de iniciación e de preparación para o Campionato Galego Infantil de Judo que se celebrará o mes que ven. O sábado participarán no Campionato Xogajudo que terá lugar no Pavillón Óscar Pereiro de Mos sobre 300 rapaces aproximadamente, procedentes das provincias de Pontevedra e Ourense, dos cales 78 judokas competirán na categoría feminina e 197 judokas na categoría masculina. Todos estes participantes forman parte dun total de 39 clubes de judo das provincias de Pontevedra e Ourense.
Segundo explicaron esta mañá os representantes locais, autonómicos e da Federación, os obxectivos da competición do sábado e da actividade de hoxe son “estimular e recoñecer o esforzo dos practicantes na procura dun mellor desenrolo persoal e deportivo, promover os valores do espírito deportivo, respectando aos profesores e aos compañeiros, procurar que os nenos e nenas practiquen deporte dunha maneira agradable e melloren físicamente aprendendo judo, intentar garantir a seguridade desta práctica deportiva, fomentar a participación de todas e tódolos judokas galegos destas idades que practiquen regulamentariamente o judo, educar cun regulamento que dea prioridade ós valores do compañeirismo e a deportividade por riba do resultado deportivo e, sobre todo, que sexa unha participación segura, fácil e divertida para todos”.