29 MAIO 2010 - 12º TERESA HERRERA DE JUDO
En xornada de tarde, o pasado sábado 29 de maio celebrouse a duodécima edición do torneo Internacional de Judo Teresa Herrera, nesta ocasión o evento celebrouse nun vistoso e remodelado Palacio dos Deportes.
O torneo patrocinado pola Cocellaría de Deportes da Coruña contou ademais coa colaboración especial e tan agradecida por técnicos e deportistas, do Colexio Galego de Fisioterapeutas de Galicia.
No acto estivo presente o Concelleiro de deportes D. Xan Martínez Cajigal.
No meramente deportivo e cunha escrupulosa organización que cumpriu cos horarios ao minuto, hai que dicir que Alemaña dominou por completo a categoría feminina alcanzando o tres ouros, non ocorreu o mesmo en mozos onde só alcanzaron un bronce no seu representante de 60kg.
O equipo alemán feminino acompañado polo seu gran técnico Claudiu Pusa, conta nas súas filas con deportistas medallistas europeas.
Na categoría masculina España fíxose con dous ouros e o noso representante estrela, Alejandro Sanmartín alcanzou o ouro para o que era favorito despois do seu bronce mundial deste ano. Alejandro venceu en todos os seus combates asinado un precioso ippon ante o representante de Alemaña, na categoría de -100 kg. onde alcanzou o ouro Alejandro, o podio foi integramente galego con Diego Abad de segundo e Alejandro Queiro terceiro.
Galicia conseguiu tamén dúas pratas na categoría feminina a cargo da internacional Carla Mosquera en -78kg e de Laura Baixo en menos de 57kg. Que fixo unha competición chea de coraxe. Outros dous meritorios bronces foron alcanzados por Selenia Quijada e Paula Yañez .
Un total de 6 metais levou Galicia os mesmos que España, 4 de Alemaña e 1 de Portugal que conseguiu un bronce en 73kg, a cargo do técnico competidor Daniel Costa. Houbo dous enfrontamentos moi esperados como foron a final de 73kg, onde nun duro combate Javier Ramirez levou a vitoria fronte ao sub-campión absoluto David Paco.
Tamén puidemos ver a unha novísima Sara González, cadete aínda, repetir o combate da final Junior contra Alba López que nesta ocasión non puido revalidar a vitoria, pero que vendeu moi cara a derrota.