Este 19º Gran Premio Internacional Cidade de Vigo - SuperCopa de España Cadete de Judo cumpriu o programa na súa totalidade e o horario de finalización establecido; finalizando tras a entrega de trofeos ás 17h30h.
Por equipos Portugal obtivo a primeira praza seguida de Madrid,os judokas galegos obtiveron un total de cinco medallas e doce diplomas que foron logrados por:
PRATA:
Jose Riopedre 50kg (Club Coruña) e Brais Pereira 81kg (Club Domajó A Guarda)
BRONCES:
Rocío García (Club Finisterre) 44kg, Jorge Cambón 66kg (Club Universidade de Coruña) e Guillermo Cordero +90kg (Club F. Parque Sport).
Diplomas 5º:
Uxía Algarra 44kg (Club Oleiros), Sara Perez 48kg (Club F. Parque Sport), Josue Fandiño 50kg (Club Domajó A Guarda), Catuxa Seoane 70kg (Club Cambre) Alberto García 73kg (Club Universidade de Coruña), David Iglesias 81kg (Club Arteixo).
Diplomas 7º:
Daniel Sánchez 50kg (Club Oleiros), Yaiza López 52kg (Club F. Parque Sport), Elena Cañibano (Club F. Parque Sport), Adrián Uzal 55kg (Club Coruña), Iván Losada 60kg (Club Coruña), Javier Vila 66kg (Club Universidade de Coruña).
Empezan a perfilarse os favoritos a entrar nos Play Off finais con tres equipos imbatidos, o club FAMU DE FRUTOS A de Vigo como primeiro líder desta liga, en segunda posición o club ENTYL I. BITÁCORA de Ferrol seguidos do J. C. ARTEIXO de Coruña que ocupa a 3ª praza.
A vindeira xornada da Fase regular vaise a disputar o día 18 de outubro no Complexo Deportivo de Oira.
- DO 20 AO 25 DE XULLONA CONCENTRACIÓN NACIONAL DE PONTEVEDRA - CENTRO DE TECNIFICACIÓN.
- DO 3 AO 8 DE AGOSTONA CONCENTRACIÓN PRE-MUNDIAL DE VALENCIA - (FOTO XUNTO AOS SEUS COMPAÑEIROS DE GALICIA).
- DO 11 AO 15 DE AGOSTO NO CENTRO EDUCATIVO LICEO LA PAZ DE A CORUÑA.
- DO 17 AO 21 DE AGOSTO NA CONCENTRACIÓN BALEAR DE SINEU - PALMA DE MALLORCA.
O resto de judokas galegos integrantes da selección nacional absoluta:
- Rosa García Carrillo –52kg (A. D. Famu De Frutos Vigo)
- Tecla Cadilla Acevedo -57kg (Domajo A Guarda)
- Miguel Romero Azpitarte -73kg (A. D. Famu De Frutos Vigo)
- Alejandro Sanmartín Carrera -100kg (Universidade Coruña)
- Sergio Trillo Valeiro -100kg (Club Bitácora de Ferrol))
non lograron puntuar e deberán tentalo nas seguintes probas do circuíto olímpico.
Este sector é sen dúbida un dos campionatos máis importantes dos que se celebran en Galicia, xa que por unha banda participan nel os mellores judokas do sector oeste e por outro é o paso previo para poder acudir á Fase Final do Campionato de España (clasifícanse os tres primeiros) que á súa vez abre as portas do circuíto internacional. A Federación Galega demostrou o seu potencial unha vez mais ao lograr clasificar neste sector para a fase final a 25 deportistas que xunto ás dúas que xa tiñan praza directa ( Laura Bajo Borlan 57kg e María Bernabeu Avomo 70kg), fan un total de 27 deportistas clasificados.
Na súa intervención, o rexedor municipal subliñou a afluencia de deportistas prevista para esta fin de semana en Nigrán -máis de 1.000-, e presentou as distintas competicións como unha ferramenta eficiente e eficaz para desestacionalizar o turismo. "Este fin de semana será unha oportunidade para gozar a contorna natural e patrimonial de Nigrán para todos os participantes e os seus acompañantes", sinalou.
Así mesmo, agradeceu á Xunta de Galicia e ás entidades a importante labor que realizan, apoiando e promovendo a práctica do deporte e uns hábitos de vida saudable entre toda a cidadanía.
O sábado pola mañá, entre as 10.30 e as 13.30 horas, o Pavillón Municipal de Deportes de Panxón acollerá a segunda xornada da fase sur do Xogajudo na categoría benjamín, organizado pola Federación Galega de Judo coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello. A proba congregará a unha vintena de clubs de Pontevedra, Ourense e Santiago de Compostela, con máis de 500 participantes entre as categorías masculina e feminina.
Entre os obxectivos deste campionato destaca iniciar aos nenos máis pequenos na competición deportiva a través do que se denomina "competición adaptada, unha modalidade baseada en estimular e recoñecer o esforzo dos participantes, promover os valores do espírito deportivo e fomentar a práctica do deporte, neste caso o judo, entre os máis pequenos das casas", sinalou o rexedor municipal, Alberto Valverde.
Un total de 113 judokas, setenta deportistas das seleccións galegas, vinte e sete árbitros e dezaseis técnicos, conviviron este fin de semana, coñeceron as novas normativas FIJ de arbitraxe e intercambiaron impresións e fixeron randori xuntos nunha fructífera xornada de Judo.